sábado, 17 de septiembre de 2011

As diferenzas son riqueza

Boas Tardes,
Como primeiro post déixovos un vídeo para facervos pensar un pouco. O seu título é "Vestido nuevo" e fálanos dos estereotipos que se asocian ao xénero. Vivimos nunha sociedade fortemente socializada na que existen un conxunto de crenzas e normas compartidas respecto a cómo debemos actuar. Así non está socialmente ben visto certos comportamentos que son característicos do sexo oposto, algo que considero completamente ridículo. Por exemplo existen certos xogos aos que só deben xogar os nenos e outros aos que deben xogar as nenas, non está ben visto que se traspase esta línea. Se hai algún neno que lle gusten as bonecas e xogue con elas, ao ser “socialmente”  asociado como un xogo de nenas, se lle etiquetará como “raro” por sairse desa “norma” ou absurda creencia. A nosa sociedade todavía non é tan aperta e plural como debería ser e penso que nós como futuros docentes debemos de loitar enerxicamente contra isto.
Sen máis déixovos co vídeo:
Ciclo: 2º Ciclo (3-6 anos) Está orientado aos últimos anos.
Área de coñecemento: ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL.
Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe.
Criterios de avaliación: 
-Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade.
Indicadores específicos:
• Non mostra actitudes discriminatorias ante as diferenzas.
• Identifica características diferentes nun compañeiro ou nunha compañeira e adopta posturas non discriminatorias.
• Identifica as características do seu sexo e participa en xogos, actividades, etc., independentemente do xénero.
O vídeo visionámolo o ano pasado na materia Teoría da Educación correspondente o 2º cuatrimestre. Gustoume moito e ao considerar que o seu contido está moi relacionado co blog decidín incluílo.
A área de coñecemento, o bloque de contidos e os criterios de evaluación foron extraídos do Decreto 330/ 2009, do 4 de xuño, polo que se establece ou currículo dá educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Espero as vosas opinións e comentarios.
Un saúdo
David Bobillo Añel

12 comentarios:

  1. Estoy completamente de acuerdo en que la sociedad es la que marca las reglas o normas de comportamiento. Sin embargo hoy en día no es extraño encontrarse niños que saltan a la comba y niñas que juegan al fútbol, la sociedad va cambiando y con ella los estereotipos.
    En mi opinión debemos fomentar la igualdad entre sexos para poder eliminar los malos estereotipos o etiquetas otorgadas por la sociedad.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme moi umillante que se sucedan este tipo de actitudes nestes tempos que corren aínda que creo que pouco a pouco estas etiquetas das que fala David na sua entrada están desaparecendo do mundo da ensinanza e do resto da xente pero con muito esforzo e moito máis despacio do que deberían.

    ResponderEliminar
  3. Paula Sabela dijo...
    Me parece que la sociedad funciona a través de normas o pautas que están implícitas y que al salirse de algo que es habitual causa un poco de perpejlidad.Pero hoy en día, creo que se puede luchar contra estos estereotipos de que la niña esté siempre jugando con una muñeca y el niño con una pelota. El niño, yo pienso que puede hacer progresivamente y con empatía algunas cosas que solían hacer las niñas, como es disfrazarse. El niño se podría disfrazar con otro niño de la clase para encontrarse mejor.O tal vez si se disfraza sólo no ponerse serio y si se encuentra incómodo decírselo a alguien rápido.
    No se puede ser sexista porque en el futuro las tareas tienen que ser compartidas.
    22 de septiembre de 2011 9:38

    ResponderEliminar
  4. Paréceme que o contido do video vai maís alá dos estereotipo...
    Carmen (profe)

    ResponderEliminar
  5. Paréceme que ademáis dos estereotipos, como ven din os meus compañeiros, o vídeo amósanos como as persoas que son "diferentes" por algunha razón ou outra solidarízanse máis entre eles, quizás porque viven na súa propia pel o que significa que os demais se rían dun e o discriminen por non estar no marco do que chaman común da sociedade.

    ResponderEliminar
  6. O vídeo e complexo e fala de moitas cousas. Como ben dí Laura fala do importante que é o principio de individualización, e dicir valorar as diferencias de cada un como algo positivo. Por ese motivo o titulei As diferenzas son riqueza.
    Bueno espero que os que o vexan o disfruten de novo porque é un vídeo moi interesante.
    Un Saúdo
    David Bobillo Añel

    ResponderEliminar
  7. Sí pero o principio de individualización non sempre se ve como algo positivo, xa que neste caso vese como un conducta desaptativa.

    Creo que aunque estamos en pleno proceso de cambio aínda quedan certas conductas que hai que mellor e non podemos catalogar tanto as cousas e debe de ser moito máis flexibles.

    ResponderEliminar
  8. Por que un neno ten que xogar sempre con coches, camións... e unha nena ten que xogar con cociniñas, barbies...? esas etiquetas que se poñen ós nenos por ser nenos e ás nenas por ser nenas deben desaparecer. Se ó neno lle apetece xogar cunha barbie por que non deixalo?

    ResponderEliminar
  9. Na miña opinión, este é un tema moi interesante, e que seguirá vixente durante moitos máis anos, hai que intentar acabar con el, xa que cada neno debería xogar co que máis lles satisfaga lúdicamente, xa que se unha neno lle gustan os coches non hai que prohibirllo, nin quitarlle o xoguete e cambiarllo por unha boneca,e da mesma maneira habería que facelo cos nenos. Por outro lado tamén se debería eliminar o estereotipo de cores según o sexo, pouco a pouco xa se vai conseguindo, pero aínda queda moito por facer.

    ResponderEliminar
  10. Estou de acordo con que a nosa sociedade asignou unha serie de estereotipos a cada sexo e se algún neno ou algunha nena fai algo que se sai destes estereoripos que se lle asignaron, xa se considera un neno/a extraño, pero non me parece correcto que si a un neno lle gusta xogar con monecas non o poda facer o que si unha nena quere xogar ao futbol tampouco poda,xa que si o fai será discriminado pola xente do seu entorno. Pero quen lle explica a estes nenos/as que non poden xogar ao que lles gusta porque se o fai o resto da sociedade discriminaraos. Debemos intentar acabar con estes estereotipos que marcou a sociedade e deixar que sexan os nenos/as os que podan elixir a que queren xogar. Neste vídeo tamén é moi importante a diferenza entre a actitude violenta que teñen os compañeiros/as de clase cara o neno e a actitude que ten a nena xa que dunha maneira ou doutra síntese coma el, discriminados polo resto da xente, por non estar dentro do que a nosa sociedade entende por "normal".

    ResponderEliminar
  11. Este vídeo nos hace reflexionar, vivimos en una sociedad muy estereotipada, llena de pautas en la que la condición de ser niña o niño ya te marca el "camino" que debes seguir, en caso de que te desvíes serás tachado como "raro". Me parece realmente ridículo todo esto, como bien dicen mis compañeros hay que fomentar el principio de individualización, pero es que en este caso del video no es algo ventajoso, ya que excluyen al niño. los tiempo cambian y las ideologias también, debemos luchar para una flexibilidad de todo esto.

    Sheila Fernández Pérez

    ResponderEliminar
  12. Estou dacordo cos meus compañeiros pero gustaríame dicir tamén que me parece un video moi representativo da situación que se vive actualmente, nunha época na que existe unha liberdade en todos os aspectos e pareceme que a pesar dos estereotipos que mostra, reflexa moi ben o momento no que alguén se sinte diferente e en consecuencia sofre por elo.

    ResponderEliminar