Mostrando entradas con la etiqueta familias homoparentais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familias homoparentais. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de noviembre de 2011

Familias Homoparentais



Ciclo: 2º Ciclo (3-6 anos) Si se ensina aos rapaces que é unha familia homoparental con 3 anos mellor que con 5, canto antes o introduzan como algo normal os rapaces menos prexuízos terán e serán moito máis tolerantes.

Área de coñecemento: ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO

Bloque de contidos:Cultura e vida en sociedade

Criterios de avaliación:

-Identificar semellanzas e diferenzas entre as familias valorando positivamente a diversidade.

-Ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias

Indicadores específicos:

· Non mostra actitudes discriminatorias ante as diferenzas.

· Recoñecemento de diversos aspectos sobre as familias

· Sentimento de pertenza aos grupos máis próximos e actitude de respecto e valoración cara ás outras persoas

Un saúdo, Noel Eiras Gándara


viernes, 23 de septiembre de 2011

Familias Homoparentais

Boas compañeir@s,

Nesta entrada vou falar sobre as familias homoparentais (home- home ou muller- muller) que aínda que pensemos que todo o mundo as acepta, temos na nosa sociedade moitísimas persoas que seguen rechazando estas familias e como é de esperar os nenos na escola cando falan dos seus país e nais, como nas súas casas escoitan aos seus familiares criticar a estas familias, cando un rapaz fala de nai e nai ou pai e pai o resto dos rapaces mirarano como algo raro e fora do normal, incluso moitos deles non o entenderán e rechazarán a estes rapaces polo simple feito de ter este tipo de familias. Como futuro docente quero facer ver a xente que lea esta entrada que tanto as familias homoparentais como as familias biparentais deben ser aceptadas xa que tanto unhas como as outras quererán o mellor para os seus fillos e fillas, toda esta idea de igualdade debe comezar xa dende os inicios do neno ou nena na educación infantil, o primeiro día mellor que o segundo. A continuación presentarei un vídeo que nos presenta as familias monoparentais e nos fala da creación dun documental que ten como obxectivo que todo o mundo coñeza estas familias, este documental chámase Homo Baby Boom e foi realizado polas Asociación de Lesbianas e Gays de Cataluña



Ciclo: 2º Ciclo (3-6 anos) Si se ensina aos rapaces que é unha familia homoparental con 3 anos mellor que con 5, canto antes o introduzan como algo normal os rapaces menos prexuízos terán e serán moito máis tolerantes.

Área de coñecemento: ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO

Bloque de contidos:Cultura e vida en sociedade

Criterios de avaliación:

-Identificar semellanzas e diferenzas entre as familias valorando positivamente a diversidade.

-Ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias

Indicadores específicos:

· Non mostra actitudes discriminatorias ante as diferenzas.

· Recoñecemento de diversos aspectos sobre as familias

· Sentimento de pertenza aos grupos máis próximos e actitude de respecto e valoración cara ás outras persoas.

O vídeo saqueino da páxina da universidade da Rioxa, posto que fai pouco foron as xornadas de educación afectivo-sexual alí. (http://casadetomasa.wordpress.com/category/jornadas-de-educacion-afectivo-sexual-en-la-escuela-universidad-de-la-rioja/) nesta páxina tamén aparece o video que facilitou o meu compañeiro David Bobillo na sua entrada.

Decidín incluir este video de presentación do documental posto que a xente que esté interesada no tema nesta páxina da Universidade da Rioxa nos explica como podemos facer para visiónalo, xa que este documental non está exposto para facilidade de todo o mundo.

A área de coñecemento, o bloque de contidos e os criterios de evaluación foron extraídos do Decreto 330/ 2009, do 4 de xuño, polo que se establece ou currículo dá educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia

Espero que vos interese o tema e vexades o documental
Un Saúdo,
Noel Eiras Gándara